Загрузка страницы

Galegos no mundo - Programa 52: Cidade de México

Cidade de México é un lugar cheo de movemento, cunha vida cultural e artística moi intensa e cunha grande escena musical. Ademais, conta con tres equipos na potente liga de fútbol mexicana e é o berce da loita libre mexicana, un espectáculo con seguidores en todos os recunchos do mundo, especialmente no Xapón.

Os guías turísticos desta noite serán Manuel Rial, un dos homes máis queridos e respectados por toda a comunidade galega en México. Este carballiñés que leva 54 anos neste país acompañará o equipo do programa ata a basílica da Guadalupe. Da man doutro ourensán, Antonio Núñez, percorrerán a zona histórica, chea de edificios singulares e coroada polo Zócalo, unha das maiores prazas urbanas do mundo.

Por outro lado, con Manuel Silva, de Santiago, verán onde vive, unha das zonas máis luxosas e bonitas de Cidade de México: a Colonia Polanco. Fátima García ensinaralles os mercados da cidade e o enorme parque de Chapultepec. Para que coñezan e vexan todo o espectáculo da loita libre mexicana estará Javier Castñeiras, de Tordoia.

Para rematar a visita á Cidade de México acompañaraos José Antonio Costal, da Lama. Con el visitarán as pirámides de Teotihuacan, un dos monumentos máis importantes do país e Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1987.

Видео Galegos no mundo - Programa 52: Cidade de México канала Televisión de Galicia
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
27 мая 2014 г. 16:47:31
00:51:43
Яндекс.Метрика