Загрузка страницы

Por que teño a BOCA SECA? - Causas e tratamento da xerostomía (en galego) | Dentalk! ©

A xerostomía ou sensación de boca seca, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Non é unha enfermidade, senón un síntoma dun trastorno médico ou un efecto secundario de certos medicamentos.

1) Introdución 00:00
Neste Dentalk de Clínica Médico Dental Pardiñas (http://j.mp/cpardinas) falamos sobre as causas e tratamentos da secura de boca.

2) Por que é importante a saliva na saúde? 00:45
E é que a saliva actúa contra os organismos patóxenos e é un aliado fundamental no proceso de traballo dos dentes e das enxivas.

3) Que relación ten a saliva cos dentes? 01:55
A saliva tamén se compón de ións minerais que son os ingredientes dos que se compoñen os dentes. Desta maneira a saliva axuda a remineralizar os dentes e a reparar pequenas lesións no esmalte.

4) Que cantidade de saliva producimos? 02:13
A importancia da saliva é tal que o corpo produce ao redor dun litro de saliva diaria, e a secreción aumenta durante as comidas. Para xerar a cantidade adecuada de saliva é moi importante manterse hidratados.

5) Que produce a secura de boca? 02:37.
A secura de boca non é unha enfermidade en si mesma, senón un síntoma que pode estar provocado, entre tantas cousas, por algunha enfermidade sistémica ou o efecto secundario de certos medicamentos ou tratamentos.

6) Que é a síndrome de Sjögren? 02:51.
Esta síndrome é un trastorno autoinmune crónico no que o sistema inmunitario do corpo ataca por erro as súas propias glándulas produtoras de saliva e bágoas, así como outros órganos.

7) Poden os medicamentos causar boca seca? 03:15.
Algúns medicamentos antihistamínicos, descongestionantes, analxésicos, diuréticos, antihipertensivos ou antidepresivos poden xerar unha certa secura de boca nos seus consumidores.

8) Que problemas pode causar a secura de boca? 03:45.
A secura de boca pode causar moitos problemas, entre os que poderiamos destacar: secura e dor de garganta constante, sensación de ardor na boca, secura nas fosas nasais, ronqueira, boca pastosa, beizos gretados, chagas, maior incidencia de carie, dificultade para falar ou dificultade para tragar.

9) Hai relación entre a falta de saliva e o mal alento? 05:03.
Cando non hai saliva suficiente, os restos de alimentos non se eliminan, o que adoita xerar un maior volume de placa nos dentes e na lingua, e o seu consecuente mal cheiro.

10) Tratamento para a boca seca: 05:24.
Para solucionar os problemas de boca seca, sempre se aconsella aumentar a inxesta de auga, aínda que o seu dentista pode recomendar outros métodos para restaurar a humidade como o consumo de saliva artificial, enxaugues orais, chicles, caramelos ou, en mesmo en casos extremos, medicación.

Máis información sobre boca seca: 👉 https://bit.ly/GAbocasecaDT

Outros vídeos relacionados coa secura de boca:
- Carie dentaria e a súa influencia na saúde: https://www.youtube.com/watch?v=io0t9TkGnKY
- Causas, prevención e tratamento da carie: https://www.youtube.com/watch?v=VD_QBT6CTFE
- Halitose ou mal hálito: https://www.youtube.com/watch?v=QgRIimFL5XE

Dentalk é un proxecto da Clínica Médico Dental Pardiñas no que respondemos as vosas consultas sobre saúde bucodental. Animámosvos a subscribirvos á canle e deixar os vosos comentarios. 👉 http://bit.ly/suscribetecp

Máis vídeos de Dentalk aquí 👉 https://bit.ly/dentalkGA.

Síguenos tamén en:
👍 Instagram: https://www.instagram.com/clinicapardinas
👍 Facebook: https://www.facebook.com/clinicapardinas
👍 Twitter: https://twitter.com/ClinicaPardinas
👍 Linkedin: https://www.linkedin.com/company/clinicapardinas
👍 Tiktok: https://www.tiktok.com/@clinicapardinas/
👍 Pinterest: https://www.pinterest.es/clinicapardinas

#gallego #galego #galicia

Видео Por que teño a BOCA SECA? - Causas e tratamento da xerostomía (en galego) | Dentalk! © канала Dentalk!
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
22 сентября 2021 г. 21:15:11
00:06:19
Яндекс.Метрика