Загрузка страницы

Implante dentario vs. ponte dentaria - Comparativa (en galego) ©

Vídeo 3D de Clínica Pardiñas (http://j.mp/cPardinas) sobre unha comparativa entre un tratamento de implantes e un tratamento cunha ponte ante a ausencia dunha peza dentaria. Ao colocar o implante na zona do dente extraído, conseguiremos manter o óso e os tecidos brandos nun nivel óptimo. Para poder realizar unha ponte, cómpre tallar os dentes adxacentes, cando estes aínda estean sans, para poder cementar a ponte sobre eles.

Con ambos os procedementos podemos conseguir un bo resultado estético e funcional; en ocasións, a ponte é a única solución ante casos en que non sexa posíbel colocar implantes. Co paso do tempo, o óso, ao non ter un estímulo como é o caso do implante, pode comezar a reabsorberse, o que afectaría á estética. Tamén pode ocorrer que, se un dos piares da ponte sofre un dano ou unha carie e cómpre extraelo, precisará realizar unha nova ponte, tallando de novo outro dente que actúe de piar. E así sucesivamente. Esteticamente non será posíbel solucionar esta perda de óso e tecidos brandos sen a realización de enxertos previos.

MÁIS VÍDEOS 3D de odontoloxía na nosa canle http://bit.ly/odontoloxia3D

Видео Implante dentario vs. ponte dentaria - Comparativa (en galego) © канала Dentalk!
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
3 марта 2021 г. 17:15:13
00:03:29
Яндекс.Метрика