Загрузка...

Tractorada xoves 1. Santiago.

Continúa a tractorada en Santiago á que se suman actos de protesta diante das distribuidoras por parte de Ganaderos Unidos. Tractores pernoctaron e sumáronse outros o xoves. A maioría dos tractores da nosa zona que o mércores marcharon cara Santiago, pernoctaron na capital para, na tarde do xoves, emprender de novo a caravana polas rúas máis céntricas da cidade. Unha marcha na que participaron máis de 600 tractores que provocaron unha caravana dende a Avenida de Lugo ata a Alameda. Da zona do Deza mesmo saíron no mediodía do xoves cara Santiago uns nove tractores. Porén, pola mañá, cos vehículos aparcados, un nutrido grupo de gandeiros, impulsados por Ganaderos Unidos, protagonizaron un acto de protesta diante da superficie comercial Lidel ubicada no polígono do Tambre. Os manifestantes fixéronse cunha vintena de carros. Cargáronnos con leite envasado como marca branca, que acabaron tirando tanto no interior do establecemento como ás portas. Mentras, ían chegando as forzas de seguridade.

Видео Tractorada xoves 1. Santiago. автора Spectacular Surprises
Страницу в закладки Мои закладки
Все заметки Новая заметка Страницу в заметки