Загрузка страницы

Alalá nº 146 "Susana Seivane" - TVG

Alalá nº 146 "Susana Seivane" - TVG
Data de emisión: 06/05/2010
http://alala.crtvg.es
LUGAR: CAMBRE

Para poder sobrevivir e permanecer no tempo a música tradicional tivo que ir adaptándose. Un dos grandes cambios foi o papel da muller, antes tocaban pandeiretas, latas, pandeiras... pero non era habitual que unha muller tocara a gaita. Hoxe afortunadamente si. E ademáis as novas gaiteiras fan “falar a gaita” con tanto éxito coma os homes. A protagonista de hoxe é unha muller, unha muller gaiteira que triunfa en todo o mundo, Susana Seivane. Empezou a tocar con 3 aniños, influenciada por seu avó e seu pai. Cando a levaban a algún concerto ou festival, aquela nena soñaba con que algún día ela subiría tamén a un escenario. E o sono cumpríuse e impresionounos a todos. Xa vai polo cuarto disco: “Os soños que volven” no que rescata aqueles temas que aprendera de nena, temas vellos que soan a futuro e que suxiren momentos e lugares de especial trascendencia na súa vida. Susana amosa a súa cara mais sensible, familiar, divertida e apaixoada con todo o que fai.
Falaremos con ela da súa traxectoria musical, da vida, das sensacións, dos seus hobbies... e dos soños que volven e dos que virán.
(720p)

Видео Alalá nº 146 "Susana Seivane" - TVG канала Alalá TVG
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
2 марта 2016 г. 15:22:06
00:43:41
Яндекс.Метрика