Загрузка...

📡 Pleno ordinario do 25 de abril de 2025

🔗https://www.depo.gal/videos-dos-plenos

ORDE DO DÍA

1. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria de 28 de marzo.

A) Parte resolutiva:

2. Delegación de competencias do Concello de Cerdedo-Cotobade a favor da Deputación para desenvolver as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación da taxa pola entrada de vehículos con ou sen vao e reservas de vía pública temporais (Exptes. 2025024151-2025006648).
3. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos número 1/2025 do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento (Expte. 2025024157).
4. Modificación das Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan +Provincia) 2025 (Expte. 2024082825-2025025094).
5. Modificación da base quinta das Bases reguladoras do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra (Expte. 2024062370-2025025096).
6. Proxecto modificado da actuación “Proxecto Básico e de Execución de Reforma Integral. Edificios Sinde, Bloque 1” presentado polo Concello da Guarda ao abeiro do programa PON2030 (Expte. 2023030701-2025025097).
7. Adhesión da Deputación de Pontevedra á Asociación “Ruta do Viño Rías Baixas” (Expte. 2025006144).
8. Aprobación definitiva do proxecto construtivo de Mellora da mobilidade peonil na EP-1203 O Campo-Pardavila (Concello de Marín) e do expediente de expropiación (Expte. 2024059583).
9. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) de solicitude ao Goberno de España para a aprobación dun Real decreto que reactive as regras especiais da Lei 2/2012 para que as entidades locais poidan empregar o seu superávit en investimentos, servizos e gasto corrente (Expte. 2025024189).
10. Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) para esixir á Xunta de Galicia que desista do proxecto de Altri e poña en marcha políticas industriais propias do século XXI e solicitar ao Goberno de España que non conceda ningunha subvención á macrocelulosa (Expte. 2025024205).
11. Moción do Grupo Provincial Socialista para esixir da Deputación e da Xunta de Galicia que asuman a creación da Vía Verde das Rías Baixas a través dos tramos Pontevedra-Vilaboa-Soutomaior (que vén de liberar ADIF) e Pontevedra-Barro-Caldas-Portas (Expte. 2025024251).
12. Asuntos fóra da orde do día.

B) Parte de información e control:

13. Dar conta do informe de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2025 (Exptes. 2025024171- 2025023724).
14. Dar conta do informe de Intervención sobre o cumprimento durante o 1º trimestre de 2025 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (Exptes. 2025024172-2025024112).
15. Dar conta do informe de Intervención sobre o resumo dos resultados do control interno do exercicio 2024 (Exptes. 2025024174-2025006258).
16. Dar conta do informe resumo do control financeiro executado no ano 2024 sobre as subvencións concedidas no exercicio 2022 (Exptes. 2025024175- 2025006258).
17. Dar conta do Plan anual de control financeiro e auditoría da Deputación a desenvolver durante o ano 2025 (Exptes. 2025024176-2025016467).
18. Dar conta das Resolucións Presidenciais.
19. Rogos e preguntas.

Видео 📡 Pleno ordinario do 25 de abril de 2025 канала Deputación de Pontevedra
Страницу в закладки Мои закладки
Все заметки Новая заметка Страницу в заметки