Загрузка страницы

PONTEAREAS - Lugares de Galicia 🍩🏰💐 (4K)

No sur de Pontevedra entre as Rías Baixas e Portugal atópase Ponteareas.
Unha vila bañada polo río Tea, puxante e moderna de historia milenaria e belísimo entorno natural.
#Ponteareas ofrece aos seus visitantes un completo percorrido pola historia dende o paleolítico, proba delo son as moles graníticas de formas imposibles como a Pena do Equilibrio.
Do período castrexo-preromanico atópanse diversos asentamentos, de entre eles destaca o Castro de Troña, do século VI a.c. onde atopamos o famoso Petroglifo da Serpe.
O medievo está presente no castelo de O Sobroso, testemuña das guerras feudáis entre a raíña Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII e as posteriores Revoltas Irmandiñas.
Tamén son desa época as pontes das Partidas de Moreira e dos Remedios. Son mostras da arquitectura relixiosa desa época as igrexas románicas de Anguares, Padróns ou Cumiar e xa no século XIV a igrexa de San Nicolás de Padro co seu mural polícromo.
En 1483 os reis Católicos concedenlle a Ponteareas unha feira mensual. Na idade moderna asistirá á construcción do convento franciscano de Canedo sobre o antigo pazo da familia Sarmiento.
Xa na idade contemporánea artistas da talla de Xosé Cerviño ou do arquitecto Antonio Palacios deixaron pegada en Ponteareas no cruceiro das Cachadas ou no muíño ás beiras do Tea.
Dunha economía de subsistencia quedan como exemplo os muíños de Couso que hoxe podemos disfrutar nun roteiro de senderismo e que darán paso á revolución industrial coa instalación de industrias como a de Curtidos Garra, hoxe sede da biblioteca e museo municipal. Estas instalacións albergan restos arqueolóxicos de diferentes etapas históricas e obras e legados de artistas locais como o escritor Fermín Bouza Brei, o pintor Antonio Medal ou o xornal agrarista El Tea.
Xunto ao extenso legado patrimonial o referente por excelencia do patrimonio material é a festividade do Corpus Christi expresión de arte efímero coa confección de máis de un kilómetro de alfombras de pétalos de flores.
Esta festividade declarada de interese turístico internacional, onde se xuntan expresións relixiosas, o culto á vida e o despertar da natureza, é o que se coñece en Galiza e en Portugal como o ciclo dos Maios.

Máis #LugaresdeGalicia 👇 👇
https://www.youtube.com/playlist?list=PL0t_NwZqmZgRzhZwD8ZATSzAWR4H5v8L4&disable_polymer=true

Redes Concello de Ponteareas:
https://ponteareas.gal/
https://www.facebook.com/concelloponteareas/
https://www.youtube.com/channel/UCP2SkReM-lmtZIxnOEKBWVw
Suscríbete!

Видео PONTEAREAS - Lugares de Galicia 🍩🏰💐 (4K) канала Vídeos Bos
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
29 апреля 2021 г. 23:00:13
00:06:05
Яндекс.Метрика