Загрузка страницы

Poetarras - Anllóns

"Anllóns" é unha adaptación de "I'm yours" (Jason Mraz) a cargo de Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde
Vídeo realizado por Pablo Lamosa

Estamos en:
http://www.facebook.com/Poetarras
https://twitter.com/poetarras

Letra:
Que se os canóns do Sil ou as fragas do Eume
a pesca no Ulla ou o aroma do Lérez
algún poeta a recitar nas beiras do Sar
O río Miño e unha recua de regatos afluentes
os que van para Asturias como o Navia e o Eo
do Xallas ves no Ézaro a fervenza dende o mirador

Pero hai un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns

Nin dios o coñece. O outro día pregunteille a miña nai e non sabía que río era. Explícovos.

Sae da Serra de Montemaior
pérdese no Verdes e no Añón
e vai morrer ao mar na ría de Laxe e Corme
é un referente na labor da contraminacción
busca a purificación
e rega as terras da comarca de Bergantiños

É que é un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns
con esa fonética vai conquistar
a un pobo con collóns

Basta xa de falar sempre dos mesmos putos ríos
a rebelión comeza por gabarse dos cativos
e hai que remediar unha errada educación fluvial
que merda lles ensinan aos rapaces nas escolas
se non saben o nome do río que máis mola
comeza un tempo triunfal co Anllóns de emblema nacional

É que é un río que se marxinou
nin dios coñece o Anllóns

Sae da Serra de Montemaior
pérdese no Verdes e no Añón
e vai morrer ao mar na ría de Laxe e Corme
O esteiro é tan fermoso
deixarate sen respiración
eu non sei nadar pero aprendería no Anllóns
Anllóns

Carballo mola mogollón

Видео Poetarras - Anllóns канала Poetarras
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
2 июня 2015 г. 16:13:41
00:03:20
Яндекс.Метрика