Загрузка страницы

Candide, obertura, L. Bernstein; Xove Orquestra de Galicia, Fernando Vazquez Arias, director

Candide, obertura, L. Bernstein

Xove Orquestra de Galicia
Fernando Vazquez Arias, director

Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

Nos últimos dez anos [1987-1997] produciuse a maior revolución na historia músical de Galicia. Multiplicáronse os conservatorios e apareceu a primeira Xove Orquestra de Galicia e outras orquestras profesionais. 0 baldeiro existente entre a titulación superior e o ingreso nunha orquestra sensibiliza ó Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais que, en colaboración cos conservatorios galegos, crea a Escola de Prácticas Orquestrais, un proxecto que permitirá normalizar e compteta-la formación dos alumnos de música no ámbito orquestral.

Unha vez estructurado o funcionamento orgánico da Escola realizouse a selección dos profesores, un por cada sección da orquestra. Ás probas de acceso para os bolseiros presentáronse máis de douscentos aspirantes procedentes de toda Galicia.

0 tribunal seleccionou ós 80 alumnos para o primeiro curso da Escola.

0 curso de prácticas orquestrais consta de encontros que se levan a cabo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, entre os meses de xaneiro e setembro, durante 300 hora lectivas.

Os profesores de violín I, violín II, viola, violoncelo, contrabaixo, vento madeira, vento metal e percusión dispensan, coordinados e asesorados polo director, as clases por seccións e preparan o programa que, cada día, interpretará toda a orquestra en conxunto.

Os ensaios do tutti orquestral, realizados dúas veces por xornada, desglosan tódolos matices e necesidades que a interpretación sinfónica esixe a cada grupo instrumental.

0 director dalle a forma final ó material de traballo e os profesores tocan cos alumnos guiándoos nos problemas técnicos que só poden xurdir na interpretación sinfónica baixo unha batuta.

Hoxe é un día especial. As rapazas e os rapaces da Xove Orquestra de Galicia van dá-lo seu primeiro concerto e cumprir, deste xeito, o soño de todo músico. Vannos amosa-los froitos do seu traballo e queren que sexan vostedes, o seu primeiro público, os que lles dean o seu aprobado ou suspenso neste primeiro curso da historia da Escola de Prácticas Orquestrais do IGAEM.

Видео Candide, obertura, L. Bernstein; Xove Orquestra de Galicia, Fernando Vazquez Arias, director канала Fernando Vázquez Arias
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
13 июня 2023 г. 19:24:42
00:05:13
Яндекс.Метрика