Загрузка страницы

LES GRANDS FANTÔMES | LOUISE NARBONI E YOANN BOURGEOIS | VÍDEO EXPOSICIÓN POÉTICAS PENDULARES

A obra "Les grandes fantômes" (As grandes pantasmas) formou parte da vídeo exposición "Poéticas Pendulares, cinco tentativas de aproximación a un punto de suspensión" do Festival RESIS 2020 de A Coruña, organizado pola Asociación Cultural AÏS. Esta exposición tivo lugar na Fundación Luis Seoane entre o 6 e o 25 de agosto de 2020.

"As grandes pantasmas" foi unha das cinco obras de videoarte expostas que traballan o corpo, o espazo e o tempo como concepto de arte en movemento desde diferentes perspectivas, pero un mesmo punto en común. Figuras en movemento que exploran o universo compartido entre a arte coreográfica e a poesía.

As investigacións sobre a gravidade, a resistencia, o balance e equilibrio, un obxectivo tan singular que lles levou a crear os seus propios métodos para consolidar a idea central da súa investigación centrada no punto de suspensión.

Concepto que nas propias verbas de Yoann Bourgeois define como «o momento furtivo cando o obxecto que foi arroxado alcanza a cima da parábola xusto antes da súa caída».

Видео LES GRANDS FANTÔMES | LOUISE NARBONI E YOANN BOURGEOIS | VÍDEO EXPOSICIÓN POÉTICAS PENDULARES канала Festival RESIS
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
3 ноября 2020 г. 17:44:07
00:01:19
Яндекс.Метрика