Загрузка страницы

Alalá nº 73 "Antón Corral"- TVG

ALALÁ nº 73 "Antón Corral"
Emisión TVG: 15 de abril de 2008

Hoxe o programa Alalá estará cun dos luthiers máis querido e admirado deste recuncho da terra. Antón Corral perseguiu durante toda a súa vida un xeito de vida e a pesar das dificultades conseguiuno.

O mundo da gaita, o mundo do ensino, da construción de instrumentos, do rescate doutros como a zanfona, a requinta ou pito pastoril, a creación da Escola Obradoiro da Universidade Popular de Vigo ou a Banda de Gaitas Xarabal son un pequeno resumo de todo o que este home, fundamental para o universo da gaita, fixo e aínda fai pola paixón da súa vida.

Desde moi novo involucrouse no mundo da gaita e deixou o seu traballo de axente comercial por motivos de saúde. Lugo foi a cidade na que desenvolve a súa vida. A música que se lle meteu nos ósos de moi noviño fixo que se enrolara en varios grupos tradicionais – “Os Garabullos do Alto”, “Os Montes de Lugo” ou “Os Modernos”

Nos anos 70 decide de maneira autodidacta montar o seu primeiro obradoiro, acadando un gran prestixio como artesán de gaitas. Posteriormente entra no Obradoiro da Deputación de Lugo. De Lugo marcha a Ortigueira e profunda na investigación das zanfonas e outros instrumentos descoñecidos daquela. Aquí monta o seu primeiro grupo didáctico, no que soan xuntos por primeira vez a zanfona, a gaita, a requinta ou o pito pastoril. De Ortigueira volve a Lugo –malparado economicamente- e aquí non acaba o seu periplo, quédalle un dos pasos mais importantes da súa vida: montar o Obradoiro Escola na Universidade Popular de Vigo.
En Vigo, durante mais de vinte anos desenvolve o seu labor de ensinante. Do seu obradoiro saíron importantes artesáns como Alfonso Castro, Oli Giráldez, Xaime Rivas ou Xosé M. Gil; segue co grupo didáctico e co seu labor espallador en colexios e asociacións. Dirixe, aínda na actualidade, a Banda de Gaitas Xarabal pola que pasaron nomes tan importantes como: Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Marcos Campos ou Anxo Pintos entre outros moitos.

No programa Alalá desta noite descubriremos o universo dun prodixio para a cultura musical galega: Antón Corral, pero non estará só, acompañarano no programa moitos amigos, ex-alumnos, familiares... só algúns dos que admiran e queren a Antón. Ademais dos recoñecementos e premios que levou ao longo da súa vida, espérao un dos mellores que un mestre pode recibir.

Видео Alalá nº 73 "Antón Corral"- TVG канала Alalá TVG
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
4 сентября 2015 г. 15:06:22
00:32:07
Яндекс.Метрика