Загрузка страницы

Alalá nº 31 "Pablo Carpintero"- TVG

Alala Capítulo 31 "Pablo Carpintero":
Data de emisión: 12-12-06

Hoxe imos coñecer a un verdadeiro “crack” da música tradicional: Pablo Carpintero. A un magnífico gaiteiro que ademais é un dos maiores expertos en folclore do noso país, constrúe e restaura instrumentos, produce discos, organiza exposicións de instrumentos antigos, dirixe varios grupos, colabora en programas de radio e intenta por tódolos medios que a cultura tradicional chegue a todos. Un home xeneroso que doou todo o material acadado durante anos de traballo de recollida ó Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Por esa xenerosidade e polo seu altísimo nivel de coñecementos é admirado e querido polos outros músicos e estudosos da tradición.

A pesar de ser aínda novo Pablo leva feito un enorme labor de estudo e recuperación da cultura tradicional e agora traballa na que será a primeira tese doutoral dedicada á gaita galega. Para el será o segundo doutoramento, porque este Leonardo da Vinci da nosa terra é ademais doutor en Ciencias e un destacado investigador no eido da xenética molecular.

Neste programa coñeceremos ademais a súa faceta máis familiar, as súas reflexións sobre a situación actual da cultura en Galicia e aprenderemos moito, moitísimo, sobre a gaita e outros curiosos instrumentos galegos que forman parte da completa colección que posúe Pablo Carpintero.

Видео Alalá nº 31 "Pablo Carpintero"- TVG канала Alalá TVG
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
17 июня 2015 г. 14:01:50
00:42:11
Яндекс.Метрика