Загрузка страницы

Galegos no mundo - Programa 14: O Porto

Emitido na TVG o 4/8/11. A cidade das sete pontes, dos viños doces e da roupa tendida nos balcóns dos vellos edificios cativa o viaxeiro. A Unesco declarou a esta cidade Patrimonio da Humanidade pola súa zona histórica. O Porto está bañada polas augas do río Douro e o Océano Atlántico. Subir desde a Baixa polas rúas estreitas ou contemplar desde Vilanova de Gaia a cidade iluminada é toda unha experiencia que ningún visitante pode deixar de sentir.

Percorreremos O Porto con estes seis galegos:

Dionisio Oseira, natural de Mondoñedo, director xeral de Sogevinus levaranos de vendima á Quinta de San Luiz en cuxa adega traballa e vive desde fai oito anos.

Con Julio Gómez de Palas de Rei, empresario, veremos a esencia de O Porto. Chari Cagide, que deixou a súa aldea de Lázaro seguindo a seu home levaranos ao mosteiro Serra do Pilar e á fermosa librería Lello.

Con Celso Martínez, director da central de Caixa Nova en Porto visitaremos os xardíns dunha quinta convertida hoxe na sede do Museo de Arte Contemporáneo. Alberto Úbeda, empresario, natural de Vigo levaranos ata Matosinhos amosándonos a praia e o porto.

Sara Pazos, ilustradora pontevedresa que nos conducirá ata o Teatro Nacional San Joan, onde coñeceu ao seu mozo.

Видео Galegos no mundo - Programa 14: O Porto канала Televisión de Galicia
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
26 мая 2014 г. 17:36:12
00:49:51
Яндекс.Метрика