Загрузка страницы

Avergoñeime de falar galego || Lady Avellana Viajes

Cando era nena, aprendín dúas linguas practicamente ao mesmo tempo: o galego e o castelán, linguas que, durante a miña infancia convivían e iso era o máis normal do mundo para min pero, chegada á adolescencia, a miña percepción das miñas linguas nais cambiou.

De súpeto, comecei a recibir comentarios e burlas polo galego que eu empregaba. Os outros mozos e mozas dicíanme que o meu galego non era natural e mesmo que, o "tipo de galego" que falaba, tiña connotacións políticas.

Eu, como boa adolescente con inseguridades, sentín que a xente me estaba xulgando e encasillando en grupos dos que eu nin sequera oíra falar e iso, asustoume.

Buscando encaixar na sociedade e cumprir "o papel que me fora asignado", deixei de falar galego pola vergoña que me daba esta situación pero, co paso dos anos cambiei de parecer e decidín implantar o galego en máis ámbitos da miña vida, tentando romper cos prexuízos e as inseguridades que me rodeaban.

Algúns destes medos aínda a día de hoxe perséguenme pero, cada día, esfórzome por seguir adiante loitando polos meus ideais e, sobre todo, pola supervivencia da miña identidade e da miña lingua.

__________________

SNL da UDC (Servizo de Normalización Lingüística):
https://www.udc.es/gl/snl/

__________________

Se queres coñecerme un pouco máis podes seguirme nas miñas redes sociais ou, se ti es unha marca, podes poñerte en contacto comigo a través do meu e-mail:

Instagram: https://www.instagram.com/LadyAvellanaViajes
Facebook: https://www.facebook.com/LadyAvellanaViajes
Twitter: https://twitter.com/LadyAvellana
Contacto: info@ladyavellanaviajes.com

Vémonos!

#FalarGalego #Galego #Vergüenza

Видео Avergoñeime de falar galego || Lady Avellana Viajes канала Lady Avellana Viajes
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
3 марта 2019 г. 18:08:17
00:16:10
Яндекс.Метрика