A Penouta, unha impunidade máis da minaría
A mina da Penouta, en Viana do Bolo, é un claro exemplo de como o setor mineiro e as administracións comparten o mesmo desleixo absoluto polos impactos ambientais e sociais desta actividade extractiva.
A mina da Penouta está encravada no espazo da Rede Natura 2000 de Pena Trevinca e, ademais, augas abaixo da explotación cáptase auga que abastece á veciñanza de Viana.
A Xunta rexeitou considerar estas circunstancias críticas na avaliación de impacto ambiental para a reapertura da mina a pesar de o indicamos reiteradamente nas nosas alegacións. Un despropósito ambiental aínda máis grave tendo en conta que a empresa mineira, Strategic Minerals, no pouco tempo que estivo explotando o xacemento chegou a acumular varios expedientes por verteduras da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Unha destas verteduras, con rotura de balsa incluida, deixou a Viana do Bolo sen abastecemento de auga.
Grazas á nosa demanda contra a Xunta e contra a empresa, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza decretou a paralización da explotación mineira como medida cautelar. Finalmente, o Tribunal deunos a razón anulando as autorizacións dadas ilegalmente pola Xunta.
Mentres a mina estivo activa realizamos mostraxes das augas da contorna que resultaron ter unha altísima concentración de metais pesados nos puntos analizados, incluindo mananciais da traída de auga. A presenza de cadmio e arsénico estaba 100 veces por enriba do máximo permitido. Puxemos estes resultados a disposición da Xustiza cunha nova acción xudicial contra a empresa por un delito contra o ambiente e a saúde pública. Posteriormente, a Confederación Hidrográfica confirmou os nosos resultados coas súas propias analíticas, que tamén indicaron un altísimo índice de contaminación das augas.
Cando meses despois o tribunal Superior de Galicia, atendendo as nosas demandas, decretou a nuidade da concesión mineira, a empresa mineira, cuxos principais directivos teñen un longo historial de violacións dos dereitos humanos en empresas petroleiras e de ouro en Colombia, desapareceu sen que, unha vez máis, ninguén restaure ambientalmente a zona, xa que a Xunta permitiu a Strategic Minerals comenzar a explotación sen entregar previamente o aval completo para reparar os danos da explotación. Agora temos unha zona Rede Natura contaminada ante o absoluto desleixo das administracións.
Mais o peche desta mina e a anulación das autorizacións, non deixa de ser unha grande victoria contra o extractivismo mineiro e os seus cómplices. Unha victoria máis do ecoloxismo galego. Podemos conseguir máis victorias coma esta se te unes a nós. Contigo temos asegurada a vindeira victoria. Súmate ao ecoloxismo.
Видео A Penouta, unha impunidade máis da minaría канала Ecoloxistas En Acción Galiza

Комментарии отсутствуют
Информация о видео
27 мая 2025 г. 21:03:15
00:01:29
Другие видео канала