Загрузка страницы

Un exhibicionista anda solto por Arteixo

Emitido no Galicia Noticias Mediodía da TVG o 6/6/17.

Un home alto, delgado, de entre 40 e 50 anos. É a descrición dun exhibicionista que fan as veciñas da parroquia de Morás, en Arteixo. Vírono en repetidas ocasións en distintas aldeas da zona. Conduce un coche grande, tipo todoterreo, e baixa del espido.

Carmen e Milagros son dúas das veciñas que viron o exhibicionista. Foi neste camiño, unha tarde que andaban paseando.

Cóntano con humor porque non chegaron a sentir medo. O home fuxiu cando lle fixeron fronte. Pero coinciden en que non se atreverían a andar soas.

Descríbeno como un home de mediana idade que conducía un coche tipo todoterreo.

O caso que contan foi hai algo máis de mes e medio, pero recentemente volvérono ver noutras aldeas da parroquia.

Видео Un exhibicionista anda solto por Arteixo канала Televisión de Galicia
Показать
Комментарии отсутствуют
Введите заголовок:

Введите адрес ссылки:

Введите адрес видео с YouTube:

Зарегистрируйтесь или войдите с
Информация о видео
8 июня 2017 г. 11:24:37
00:02:12
Яндекс.Метрика